Escoitar

O servizo de Teleasistencia do Concello atendeu 900 persoas en decembro

O alcalde deu conta do funcionamento do servizo municipal no último mes de 2025 no que se realizaron 4.820 chamadas ás persoas usuarias e servíronse 112 ceas de Nadal.

martes, 20 xan 2026

No mes de decembro, o servizo de Teleasistencia do Concello asistiu a 900 persoas usuarias cun total de 4.820 chamadas realizadas, das que 4.295 foron de seguimento semanal e 929 de alarmas que, nalgúns casos se activan porque a persoa non responde ante unha pulsación e noutros casos son para requerimento de información ou comunicacións varias.

O alcalde explicou que entre as prestacións realizadas polo servizo en decembro destacan as 17 comidas de aniversario levadas ás persoas usuarias que cumpriron anos, os 5 servizos de podoloxía a domicilio e 3 servizos de salón de peiteado, as 112 ceas de Nadal entregadas e as 32 visitas ás luces de Vigo.

No tocante ao perfil das persoas usuarias do servizo, o 90% son mulleres e, delas, o 77% viven soas e o 23% acompañadas. A maior parte das usuarias, 253, son mulleres de entre 86 e 90 anos e 217 son mulleres de entre 81 e 85 anos. “Teñen capacidade para vivir soas pero coa teleasistencia saben que premen o botón e teñen atención na súa casa”, sinalou Caballero.

 

 

Descargar todas as imaxes