Escoitar

O goberno local avanza na construción de 88 vivendas protección pública e un espazo dotacional en Barreiro

Lavadores contará 88 novas vivendas sometidas a algún tipo de protección, ademais dun centro de reunión cidadán. Así o avanzou esta mañá o rexedor quen indicou que a empresa adxudicataria dispón de 4 meses para presentar o proxecto básico.

venres, 11 abr 2025

Abel Caballero deu conta do avance na construción dunha vivendas protexida e edificación dotacional en Barreiro. O martes que vén, a Xerencia de Urbanismo adxudicará a redacción do proxecto á firma gañadora do concurso de ideas, a UTE Ayllon Paradela de Andrés Proyectos de Arquitectura, que será a responsable de redactar o proxecto básico e o de execución.

Cun importe de 465.952 euros, a empresa dispón de 4 meses para presentar o proxecto básico dunha das actuacións propostas para conveniar co SEPES, explicou Caballero. Está prevista a construción de 88 vivendas de distinto formato, con distintas posibilidades como vivendas colaborativas, con salas comunitarias, 88 prazas de aparcamento e un auditorio de máis de 300 butacas. Tamén incluirá unha sala de lectura, un centro cívico e dependencias municipais. O importe global estimado do conxunto das obras é de 20 millóns.

Paseo Lagares

A Xerencia de Urbanismo adxudicará o martes que vén as obras de execución da senda fluvial pola marxe dereita do río Lagares, desde a estrada de Moledo ata o polígono de Miraflores. Esta obra permitirá mellorar a seguridade, separando a mobilidade peonil do tráfico do polígono industrial, ao tempo que facilitará que a cidadanía paseen pola ribeira do río.

Cun importe de 297.000 euros e un prazo de execución de 3 meses, acometerase un tramo de 426 metros de largo, con zonas conectadas cunha pasarela peonil de madeira. Engadiu Caballero que se plantará vexetación e 780 árbores e arbustos.

Esta actuación permitirá dar continuidade a todo o paseo do Lagares, desde o Mercado de Cabral ata a praia de Samil, un trazado de 12 quilómetros.

Párroco don Camilo

O goberno local iniciará o próximo martes o proceso de expropiación de terreos para avanzar na construción dun novo acceso ao colexio Párroco don Camilo (San Andrés de Comesaña). Unha vez aprobado o Plan Especial de Infraestruturas que permite crear un novo acceso á estrada PO-552, o goberno local procederá a redactar o proxecto construtivo.

O alcalde aclarou que o Concello leva moito tempo tratando de solucionar o problema de seguridade nos accesos que padece este centro educativo a pesares dos atrancos da Xunta quen, entre outros obstáculos, non permitiu aplicar a Lei Vigo 3/2016. O custo estimado das expropiacións e da obra é de case 1,4 millóns.

 

 

Descargar todas as imaxes