Escoitar

Os museos municipais amplían o horario de visitas

Desde este mes de xaneiro, o goberno municipal amplía en 6 horas o servizo de atención ao público na rede museística: “a máis importante de España pagada na súa totalidade polo Concello”.

xoves, 9 xan 2025

Abel Caballero detallou este xoves a ampliación horaria dos museos da cidade, unha mellora que ten como obxectivo que o servizo de atención á cidadanía destes espazos “se adecúe ao tempo libre das persoas para poder visitalos”.

O rexedor valorou a rede museística municipal como a “máis importante de España pagada na súa totalidade polo Concello” engadindo que durante este ano estará aberta 6 horas máis que ata agora.

Coa ampliación horaria, o Pazo de Castrelos poderá visitarse de martes a venres de 10 a 14h; os sábados de 17 a 20h e os domingos e festivos de 11 a 14h. Ademais, do 1 de marzo ao 30 de setembro abrirá tamén os mércores e xoves de 17 a 20 horas. A Pinacoteca abrirá de martes a venres de 18 a 21h e os mércores e venres tamén en horario de mañá de 11 a 14h; os sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h; e os domingos e festivos de 12 a 14h. A Casa das Artes estará aberta ás visitas de luns a venres de 18 a 21 horas e os martes e xoves tamén de 11 a 14h; os sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h; e os domingos e festivos de 12 a 14 horas.

 

 

Descargar todas as imaxes