Escoitar

O Concello cooperará na organización da XXXV edición do Salón do Automóbil prevista en 2026

Os organizadores do Salón do Automóbil xa están traballando na edición do ano que vén, cando este certame cumprirá 35 anos. Caballero anunciou a intención do goberno local de seguir cooperando con esta iniciativa dun sector económico e industrial no que Vigo é referente.

mércores, 8 xan 2025

O alcalde mantivo esta mañá unha reunión cos responsables do Salón do Automóbil para comezar a organizar a XXXV edición consecutiva deste certame que se celebrará no ano 2026. Logo do encontro con José Manuel Fernández Alvariño e Enrique Elvira, Caballero confirmou a vontade do goberno local de cooperar nesta “importante” efeméride nun momento no que o sector do automóbil está a vivir moitos cambios “nos que Vigo quere estar presente”.

Caballero destacou a importancia do Salón do Automóbil para unha cidade líder en automoción, tanto na construción como na distribución. A XXXIV edición deste certame, xa en marcha, celebrarase no Ifevi entre o 12 e o 16 de marzo.

Descargar todas as imaxes