Escoitar

O alcalde convida a asistir ao VI Certame de Rondallas de Vigo o sábado 11, no Pavillón das Travesas

O alcalde convidou este mércores a toda a cidadanía de Vigo a participar na sexta edición do Certame de Rondallas que terá lugar o vindeiro sábado 11 de xaneiro no Pavillón das Travesas, a partir das seis da tarde. “Vigo, a través das rondallas enténdese na súa propia forma de evolucionar dun folclore tan importante, de entendernos como cidade e como fábrica de cultura”, asegurou.

mércores, 8 xan 2025

Abel Caballero presentou o sexto Certame de Rondallas de Vigo con representantes das cinco participantes: Zamáns, Helios Bembrive, Beade, Valladares e O Freixo.  Durante súa intervención, destacou a dobre singularidade das formacións musicais tradicionais porque representan “un folclore arraigado na cidade” e a “calidade musical e artística”.

O alcalde incidiu na vontade do Concello de “poñer en valor a música e a tradición", así como de reforzar a atención ás rondallas, porque son un ámbito musical-cultural da maior importancia e unha parte indiscutible do folclore.

O Pavillón das Travesas, que facilitará a entrada dos asistentes a partir das cinco e media da tarde, acollerá as actuacións das cinco rondallas. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

Descargar todas as imaxes