Escoitar

O temporal causou inundacións e fallos de subministro eléctrico en diferentes zonas da cidade

O rexedor repasou os efectos provocados polo temporal, sinalando que “non houbo nada de destacada gravidade”.

mércores, 8 xan 2025

“Estamos baixo o nivel de alerta laranxa por ventos costeiros ata primeira hora da tarde de mañá, xoves”, informou Caballero, explicando que “esta mañá o temporal causou bastantes incidencias na cidade”.

Abel Caballero deu conta de que, por precaución, permanecen pechados, dende onte, os parques de Samil, Castro, Castrelos e A Riouxa. Ademais, esta mañá rexistráronse problemas de subministro eléctrico en diferentes zonas da cidade” o que provocou “fallos en semáforos e ramplas mecánicas, que xa estamos solventando”. O rexedor tamén informou de inundacións en Olímpicos, Avenida Florida e Julián Estévez.