O aeroporto de Vigo alcanzou preto do 83% de ocupación no pasado mes de decembro
O alcalde destacou hoxe que o aeroporto de Vigo pechou decembro con preto do 83% por cento de ocupación dos voos, situándose como o cuarto mellor mes de 2024, superando ao estival de xullo e ao do mesmo período do ano 2023.
Abel Caballero detallou este mércores que a ocupación dos voos a Barcelona alcanzaron no último mes de 2024 o 94%; seguida de Madrid, co 88%; Londres, co 77%; Valencia, co 73%; Gran Canaria, co 84%; Tenerife, co 93% e Palma de Mallorca, co 72%. Na súa intervención, recalcou que este incremento na ocupación é o resultado do “tirón” do Nadal que, á súa vez, ten efectos durante todo o ano na actividade de todos os ámbitos do turismo. “Estamos a ter cifras récord en todos os ámbitos de análise: na afluencia de visitantes, voos, ocupación hostaleira e hostaleira, en todo. Iso ten reflexo na economía da cidade”, incidiu o rexedor. “Vigo, como ámbito de atracción turística, abriuse tanto paso que somos unha das grandes referencias de Europa”, afirmou o rexedor tras insistir en que “temos o proxecto turístico emerxente máis importante de toda Europa.
Caballero apuntou que entre os efectos da capacidade de atracción do Nadal atópase a oferta de dous novos roteiros anuais de Air Nostrum a Valencia e a Palma de Mallorca, “a mercado, sen ningunha subvención”.