Abel Caballero traslada o apoio municipal ao Sea Fest 2025
O alcalde reuniuse este xoves con Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo; Edelmiro Ulloa, director xerente; Mercedes Rodríguez, xerente adxunta, e Jorge Romón, presidente da Plataforma Tecnolóxica da Pesca. No encontro abordaron a celebración do festival no presente ano, volvendo a mostrar Caballero "todo o apoio do Concello" apuntando que "este ano tamén terá 4 días" xa que "é unha forma de por en valor que temos un produto alimenticio cun sabor excepcional".
