Escoitar

O goberno local inviste 120.000 euros nas pistas deportivas da cidade

A Xunta de Goberno Local aprobou aprobar e reformar e mellorar 14 pistas deportivas de Vigo. Tamén xa ten luz verde a humanización da rúa Roupeiro en Matamá.

luns, 9 set 2024

A Xunta de Goberno deu luz verde ao investimento de 120.000 euros en 14 pistas deportivas da cidade. O alcalde enumerou todas elas: Beade, Calvario, Areal, Coia, Coruxo, Saiáns, Samil, San Xoán e Teis. Segundo explicou, as obras consistirán na mellora de pavimentos, novas redes para as porterías e canastros, peches do perímetro e pinturas de pista.

“Son estes espazos que moitas persoas utilizan para xogar ao fútbol, baloncesto e balonmán”, aclarou.

Humanización rúa Roupeiro en Matamá

Caballero tamén deu conta da adxudicación das obras para a humanización da rúa Roupeiro en Matamá. Un investimento de 136.500 euros para facer novas beirarrúas, recollidas de auga, reconstrución dun muro de formigón e reposición da sinalización horizontal. O prazo de execución é de 3 meses.

Descargar todas as imaxes