Escoitar

A Corporación pide responsabilidades políticas a Feijóo e Rueda polo sobrecusto do Hospital Álvaro Cunqueiro

O Grupo Socialista aprobou a súa moción na que esixen responsabilidades políticas pola actuación do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o actual, Alfonso Rueda, así como os responsables de Sanidade na data da toma de decisión da alternativa de construción e explotación do Hospital Álvaro Cunqueiro, “por haber incorrido en sobre en sobrecustos de 470 millóns de euros no contrato de construción e explotación”.

luns, 9 set 2024

A concelleira Elena Espinosa defendeu no Pleno esixir responsabilidades políticas a Feijóo e Rueda, así como aos responsables políticos da Consellería de Sanidade na data da toma de decisión da alternativa de construción e explotación do Hospital Álvaro Cunqueiro, por haber incorrido en sobrecustes de 470 millóns de euros no contrato de construción e explotación.

Espinosa referiuse ao informe do Consello de Contas, publicado o día 31 de xullo, onde di “que a diferenza estimada entre o importe da proxección de pagos de ambas alternativas é de 470.469.422 euros”.

A moción foi aprobada cos votos do Grupo Socialista, o Grupo do BNG e rexeitada polo Grupo Popular.

Educación

A concelleira de Educación, Olga Alonso, defendeu o investimento na mellora e aproveitamento de todos os espazos exteriores dos centros educativos públicos vigueses, “moitos deles en estado calamitoso neste momento”, e instou á Xunta a convertelos en verdadeiros espazos educativos. A moción foi aprobada polo PSdeG e BNG. O PP abstívose.

Descargar todas as imaxes