O Pleno pide á Xunta “non subir nin un céntimo ao Concello nin a cidadanía polos custes de SOGAMA”
O Grupo Socialista lamentou a eliminación da bonificación por medidas de reciclaxe e o incremento do canon en 4,3 millóns de euros.
O Pleno aprobou instar á Xunta de Galicia a asumir os custos de SOGAMA a través do canon desta entidade autonómica “pola súa desastrosa xestión”. O Grupo Socialista pide que a suba non afecte nin ao Concello nin a cidadanía.
O concelleiro de Limpeza, Javier Pardo, lamentou que a Xunta eliminase a bonificación aos concellos que aplicasen medidas para facilitar a reciclaxe e que incrementase o canon cobrado aos concellos de xeito obligatorio.
“Vigo pagará 10,1 millóns de euros, ou o que é o mesmo, un incremento do canon de 4,3 millóns”, expresou o edil no Pleno.