Escoitar

O Concello executou no primeiro semestre de 2024 o 50 por cento dos 370 millóns do presposto

O goberno municipal de Vigo pechou o primeiro semestre de 2024 executando pagos que superan o 50 por cento dos 370 millóns do orzamento municipal . Así o detallou hoxe ao pleno da Corporación local o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, tras aprobar a conta xeral do Concello e da Xerencia de Urbanismo de 2023, con 290 millóns de euros en pagos.

luns, 9 set 2024

Ata o pasado día 30 de xuño o goberno local autorizou o gasto de 218 millóns de euros dos 370 do orzamento municipal de 2024. “Más da metade do orzamento en execución ata esa data”, recalcou este luns ante o Pleno da Corporación o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, ao poñer en valor tanto os 29 millóns de euros que se corresponden con proxectos que están en marcha así como os investimentos en política social, que no primeiro semestre sumou 9 millóns pagos dos 16 comprometidos polo executivo local.

Contas xerais 2023

O Pleno da Corporación aprobou hoxe, cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista, a conta xeral do Concello e do Organismo Autónomo da Xerencia Municipal de Urbanismo de 2023, que constata o pago de 290 millóns de euros dun orzamento de 332 millóns, “cumprindo todos os obxectivos legais que establece a normativa aplicable ás facendas locais e mesmo chegando a unha fase de compromiso de gasto que superou os 332 millóns de euros respecto ao orzamento definitivo”. Así o recalcou o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, ao destacar o “alto grao de execución” constatado coa consumación de investimentos por valor de 75 millóns sobre un orzamento total deste capítulo que ascendeu a 100 millóns.

Aneiros incidiu ante os edís do PP e do BNG, que votaron en contra da aprobación das contas de 2023, que o goberno de Vigo mantivo permanentemente un balance favorable aos vigueses, xa que, na cidade coa menor fiscalidade de Galicia, a “boa xestión municipal” propiciou o retorno de 1.020 euros a cada vigués, fronte aos 4.671 euros de débeda de cada cidadán xerada pola Xunta.

O edil recalcou que os investimentos realizados polo executivo de Abel Caballero beneficiaron a toda a cidade, con obras tanto no centro como nas parroquias.

Descargar todas as imaxes