814 estudantes viaxarán en setembro dentro do Vigo en inglés edición 2021
O Concello segue avanzando na tramitación das bolsas de inglés e a semana que vén recibirá luz verde a listaxe do alumnado que non puido viaxar en 2021 por razóns de pandemia. Serán 814 estudantes os beneficiados, todos os que cumprían os requisitos da convocatoria.
O goberno local aprobará a semana próxima a lista definitiva do alumnado participante en Vigo en inglés edición 2021, é dicir, aqueles que non puideron viaxar o ano pasado por razóns de pandemia. Como xa é coñecido, obterán praza todos os estudantes que cumpren os requisitos da convocatoria, polo tanto, non hai lista de agarda.
Serán 814 os alumnos que nestes momentos cursan 4 da ESO os que gozarán da súa estadía en inmersión lingüística previsiblemente no mes de setembro e, antes, o 20 de xuño, serán convocados a unha reunión informativa o 20 de xuño ás 19,30 h no Auditorio Mar de Vigo.