O Concello adica case 340.000 euros anuais ao financiamento de comedores sociais
A Xunta de Goberno local deu luz verde un convenio de colaboración con Vida Digna por valor de 180.000 euros para catro anos. O Concello adica anualmente case 340.000 euros a apoiar a labor dos comedores sociais de Vigo.
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación dun convenio de colaboración coa Asociación Vida Digna para mantemento do seu comedor social e o reparto de alimentos a persoas e familias en risco de exclusión social. Son 180.000 euros por catro anos o que supón unha subvención anual de 45.000 euros.
O Concello ten un orzamento de case 340.000 euros para financiar todos os comedores sociais que prestan servizo na cidade:Sal de la Tierra, 10.000 euros; Comedor da Esperanza, 54.750 euros; AFAN, 60.000 euros; Banco de Alimentos, 83.000 euros; Fundación Santa Cruz, 57.060 euros e Misioneiros do Silencio, 26.200 euros. Ademais, o Concello asume por completo o custo do comedor do albergue municipal de Marqués de Valterra.
Feira de Abril
Un ano máis, o goberno local coopera coa Asociación de Comerciantes e Hostaleiros Zona Náutico Vigo para la celebración da Feira de Abril a través da sinatura dun convenio dotado con 26.000 euros. A festa organizarase entre o 16 e o 19 de xuño na zona do Náutico.