Escoitar

Sombras chinesas, decorados e invención de historias na Biblioteca central de Vigo

A Biblioteca central de Vigo, situada no Casco Vello, organiza o seu tradicional "Bibliocampamento de verán 2003" destinado a nenos de 6 a 13 anos. O programa inclúe obradoiros de títeres, fotografías, marcalibros, xogos e teatro. As actividades son gratuítas.

martes, 15 xul 2003
1058273357teatro.jpg
Teatriño de sombras
O programa desenvólvese os martes e xoves nos meses de xullo, agosto e setembro de 10:30 a 12:30 horas. En setembro tamén haberá actividades os sábados.

A matrícula é gratuíta e pode realizarse por teléfono, 986 229074, entregando o impreso de inscrición persoalmente na Biblioteca, enviándoo por correo postal, no enderezo: rúa Joaquín Yáñez 6, 36202 Vigo, ou por fax, 986 22 73 42. As prazas son limitadas.

Programa da segunda quincena de xullo

15 e 17 Sombras chinesas, decorados e invención de historias.
24 Deseño e realización dun marcalibros. Aprendizaxe de contacontos.
29 Romaría popular. Contos, xogos e bailes.
31 Un libro entre todos.
Descargar todas as imaxes