O Museo do Mar emprende un proxecto cultural denominado "A mares"
O Museo do Mar presentará o proxecto "A mares" que engloba a programación expositiva e de actividades que se desenvolverá desde o 30 de xullo ata o vindeiro mes de xaneiro de 2004.
Con esta programación, que contén dúas exposicións, un ciclo de literatura e un certame de artes plásticas, o Museo do Mar quere realizar unha achega senlleira aos estudios marítimos desde a perspectiva das artes plásticas e da literatura. Consiste nunha programación artística de grande alcance dedicada exclusivamente ao mar coa necesaria amplitude que require para render unha cumprida homenaxe ao océano.
O mar como fío conductor artella o desenvolvemento das catro grandes actividades programadas:
- Exposición: O espello do mar (30 de xullo–19 de outubro)
- Ciclo de literatura: Un mar de literatura (primeira quincena de octubro)
- Exposición: Miradas oceánicas (19 de novembro–15 de xaneiro de 2004)
- Certame: "Nova creación visual"
Exposición:
O espello do mar
A temática marítima na arte galega: séculos XIX–XX
É a primeira mostra coa que se inaugura esta programación. O título desta primeira exposición, o da gran obra de Joseph Conrad, pode considerarse xa como unha declaración de principios sobre a simbiose entre as distintas esferas da creación, o leit-motiv latente de todo o programa de actos. A mostra está comisariada polo profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel López Vázquez, que estableceu un acotamento cronolóxico da mostra que abarca desde o século XIX ata o movemento plástico de Atlántica en 1980.
Tratamento temático
O discurso expositivo enfatiza o enfoque temático das obras. O guión responde pois a unha estructura esencialmente iconográfica, para o que se seleccionaron os motivos en función do seu maior achegamento ou representatividade da realidade marítima galega. Desta maneira, os motivos universais da arte como o paisaxismo adaptado ao contorno, por ser producto de visións galegas e de Galicia se acompañarán doutros que se configuran como emblemas da nosa cultura, como é o caso dos exvotos.
Do mesmo xeito, outro motivo presente en toda a historia da arte occidental, o da vertente tráxica do mar cos seus naufraxios, abordarase aquí co recurso a expresións moi características da nosa cultura popular. Especial protagonismo ten o apartado dedicado a "Xentes ou oficios do mar", onde a selección de pezas incidirá nos aspectos sociais, etnográficos e antropolóxicos do tema.
Guión expositivo
Estructúrase en catro grandes apartados como a paisaxe, a través da natureza do mar (mariñas) e da costa habitada (cidades, vilas e portos); xentes, oficios e froitos do mar como os labores do mar, mulleres e mar, mariñeiros, naturezas mortas e vivas; o mar tenebroso a través de vanitas, infortunios, exvotos ou santos protectores e, finalmente, o goce do mar mediante a presentación do mar idílico e o descubrimento da praia-deleite.
Procedencia das obras
As máis de 300 obras que compoñen esta exposición proveñen, nun 80%, de coleccións particulares tanto de Galicia como do resto do territorio da Península, mentres que o 20% corresponde a institucións. Na selección de pezas se procurou buscar un equilibrio entre obras pouco divulgadas e aquelas que son emblemáticas de cada un dos autores.
Ciclo de literatura:
Un mar de literatura
Durante a primeira quincena de outubro, antes de finalizada a exposición "Espello do mar", celebrarase unha semana dedicada ás letras. Realizarase un ciclo de conferencias baixo o título de "Un mar de literatura" que reunirá, durante cinco días, a dez autores do panorama literario español para que ofrezan o seu punto de vista sobre a relación da súa obra e o mar. O ciclo de conferencias estará coordinado polo crítico de literatura Juan Ángel Juristo. Entre os escritores asistentes espérase, entre outros, a presencia de Alfredo Bryce Echenique, José Manuel Caballero Bonald, Alfredo Conde, Luisa Castro e Zoé Valdés.
Exposición:
Miradas oceánicas
Complementando a primeira exposición, "O espello do mar", inaugurarase unha segunda mostra titulada: "Miradas oceánicas". Está concibida como unha exposición multidisciplinar de obras contemporáneas sobre o mar, cun comezo cronolóxico que se sitúa no momento de maior eclosión das actividades artísticas en Vigo, o Movemento Atlántica, e que finaliza coas últimas tendencias das máis variadas propostas artísticas contemporáneas, incluíndo todos os formatos e soportes.
O que terán en común cada unha das pezas seleccionadas é a busca de novas coordenadas para a acción, a reflexión e a representación dentro das temáticas mariñas. As pezas seleccionadas serán de natureza moi diversa, permitindo diversos achegamentos; desde o posicionamento crítico, as referencias conceptuais, as miradas contemplativas e introspectivas, ata as ironías máis sutís.
A selección de artistas inclúe tanto a creadores galegos como do resto da Península e internacionales.
Certame:
Nova creación visual
Convocarase un certame de artes plásticas destinado a artistas menores de 35 anos.
Descargar todas as imaxes