Escoitar

O Rexistro municipal está actualizado

O Rexistro municipal do Concello de Vigo está actualizado, conseguindo así superar o mes e medio de retraso na tramitación de solicitudes detectado polo Goberno municipal a mediados do pasado mes de xuño.

martes, 15 xul 2003
A concelleira de Persoal, Patrimonio e Contratación decidiu adoptar con urxencia as medidas necesarias, entre elas o reforzo de persoal, para solucionar o que, na súa opinión era un dos principais problemas para o normal funcionamento e desenvolvemento da actividade municipal.

A concelleira María Luísa Graña amósase moi satisfeita da eficacia coa que os funcionarios afrontaron esta situación e quere facerlles chegar o seu agradecemento polo esforzo realizado.