Escoitar

O Concello entrega os galardóns Viguesas e Vigueses Distinguidos o 23 de marzo

“Renderemos homenaxe á xente, ás institucións que tanto fan pola cidade”, explicou o rexedor este luns ao dar conta da celebración do acto a vindeira semana no Teatro Afundación.

luns, 14 mar 2022
Abel Caballero pronuncia o seu discurso durante a entrega dos premios no ano 2021
Abel Caballero pronuncia o seu discurso durante a entrega dos premios no ano 2021

Abel Caballero explicou que o Concello traballa na preparación da “gran celebración” da Festa da Reconquista deste ano 2022 xunto á Asociación Cultural e Veciñal do Casco Vello de Vigo sendo “patrocinada practicamente na súa totalidade polo goberno municipal”.

Tal e como expuxo, dentro do programa de actividades previstas, na parte máis institucional, celébrase a Gala de Viguesas e Vigueses Distinguidos e a entrega da Medalla da Cidade o vindeiro mércores, 23 de marzo, ás 20:00 horas do serán no Teatro García Barbón.

“Renderemos homenaxe á xente, ás institucións que tanto fan pola cidade”, recoñecendo o labor de quen traballou en favor de Vigo coa concesión da Medalla da Cidade “e para honrar ás entidades que traballaron a prol da cidade”.

Ademais, o rexedor adiantou que o luns, 28 de marzo, a celebración da Reconquista trasládase á Praza da Independencia onde se producirá a lectura do agradecemento á cidade polo traballo desenvolvido para acadar o seu progreso. “Vigo honra a quen coopera e a defende e non presta atención a quen nos ataca”, apuntou Caballero.

O programa iníciase o sábado 19 de marzo coa representación da destitución do alcalde e un concerto como actos de saída da Reconquista 2022.

Descargar todas as imaxes