Escoitar

O alcalde louva a investigación na apertura en Vigo do Congreso de Odontoloxía Pediátrica

Na sede social de Afundación, Abel Caballero participou este venres na inauguración do décimo segundo Congreso Nacional da Sociedade Española de Odontoloxía Infantil Integrada, que a entidade celebra por primeira vez en Galicia. O título, “O paciente infantil. Unha visión multidisciplinar de cero a seis anos”.

venres, 11 mar 2022
De esquerda a dereita, Rosa Mª Iturbe, Adriana Sanz, Abel Caballero, Javier Puente e Joaquín de Nova.
De esquerda a dereita, Rosa Mª Iturbe, Adriana Sanz, Abel Caballero, Javier Puente e Joaquín de Nova.

O rexedor vigués achegouse ata Policarpo Sanz no mediodía deste venres e tomou parte no inicio do XII Congreso Nacional sobre odontoloxía pediátrica, que a SEOII organiza en Vigo por primeira vez en Galicia. O alcalde eloxiou o papel da investigación e da ciencia, posta de relevancia nestes dous anos de pandemia, e animou aos congresistas no desempeño dos obxectivos desta cita estatal.

A Sociedade retoma este ano en Vigo estas citas presenciais, interrompidas en 2020 pola irrupción do Covid. No 2019 reuniu a máis de duascentas cincuenta persoas en Palencia. Na inauguración, xunto ao alcalde, participaron a presidenta do Comité Organizador, Rosa María Iturbe, o presidente da SEOII, Joaquín de Nova, a presidenta do Colexio de Dentistas de Pontevedra e Ourense, Adriana Sanz, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

Descargar todas as imaxes