O alcalde traslada que o Goberno segue no seu compromiso coas infraestruturas que Vigo precisa
Caballero mantivo unha xuntanza coa ministra de Transportes, Raquel Sánchez, na que confirmou o compromiso do Goberno de España coa saída sur ferroviaria, seguir co estudo hidroxeolóxico da variante por Cerdedo e a autovía en túnel entre Vigo e O Porriño.

Abel Caballero celebrou o compromiso do Goberno de España coa saída sur ferroviaria, a línea de alta velocidad Vigo – Ourense por Cerdedo e a autovía en túnel entre Vigo e O Porriño.
“Falamos dos tres grandes temas da cidade”, declarou o alcalde, que trasladou en rolda de prensa a continuidade do estudo hidroxeolóxico e que no verán haberá resultados, tal e como traslado tamén a propia Sánchez. “A partir de aí seguirá o procedemento e tramitación do resto do proxecto da liña de alta velocidade Vigo – Ourense por Cerdedo”, apuntou Caballero.
Ademais, na xuntanza ratificouse o compromiso coa saída sur ferroviaria: “Segue adiante co proxecto en estudo, a conexión con Porto que acordaron o presidente Pedro Sánchez e o primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa”, dixo o rexedor
En canto a autovía en túnel entre Vigo e O Porriño agradeceu que a vía pola que opta o ministerio de Transportes sexa a autovía en túnel: “Todos aqueles proxectos que tiñan que ver coa cidade seguen en marcha”, concluíu.


