O Goberno de España presenta en Vigo 600 millones para a rehabilitación de edificios públicos
O alcalde confirmou en rolda de prensa que concorrerá ás axudas enmarcadas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Abel Caballero, e a Ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, presentaron en Vigo o Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos ( PIREP) para Entidades Locais. Caballero subliñou que os Gobernos Locais contan “con proxectos moi maduros, listos para ser executados, e con gran poder de transformación nas liñas que se expoñen desde o Goberno de España”.
Abel Caballero, e a Ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, xunto co Director Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura, Iñaki Carnicero, presentaron esta mañá en Vigo a convocatoria para a concesión de axudas destinadas á rehabilitación de edificios públicos de titularidade municipal e que estean ou vaian estar destinados a un uso público (programa e convocatoria que se publicaron hoxe no BOE). Cunha dotación de 600 millóns de euros, trátase de axudas procedentes do fondo europeo asignado ao Mecanismo de para a Recuperación e a Resiliencia (MRR) destinadas a financiar actuacións que, no marco dunha rehabilitación integral, garantan o cumprimento dos requisitos establecidos polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
Os proxectos para financiar, explicou o Director Xeral, deben incluír actuacións que, no marco dunha rehabilitación integral, garantan o cumprimento dos requisitos establecidos polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e no Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP). Tamén deberán ter un carácter integrado, no sentido definido pola Axenda Urbana Española (AUE), e responder os criterios de sustentabilidade, inclusión e calidade estética previstos pola Nova Bauhaus Europea.
Caballero, subliñou que as actuacións contempladas van significar eficiencia, aforro enerxético, mellor aproveitamento dos espazos e racionalidade arquitectónica, e engadiu que se trata de “unha cifra moi significativa, 600 millóns de euros”. Tamén destacou a relación fluída dos Gobernos Locais co Goberno de España no relacionado coa asignación de fondos europeos, unha asignación que xa supera con moito o 14% que a FEMP pedía, e solicitou ás Comunidades Autónomas que tamén fagan convocatorias en concorrencia competitiva ás que poidan presentarse os Concellos para actuar na rehabilitación de instalacións “de ensino infantil e primario, por exemplo”.
O alcalde engadiu que os Gobernos Locais “somos entidades transformadoras, con proxectos moi maduros, listos para ser executados”, proxectos que, ademais, “teñen gran poder de transformación nas liñas que se expoñen desde o goberno de España”.
Para Raquel Sánchez, os proxectos locais farán posible rehabilitar edificios de moita antigüidade e con moitas deficiencias enerxéticas, e adecualos aos estándares comprometidos. Ademais, a rehabilitación tamén dá unha resposta de carácter social porque, engadiu, trátase de “edificios nos que se desenvolve actividade cidadá”, edificios municipais con usos diversos (sanitarios, educativos, etc); e, finalmente, a actividade rehabilitadora, explicou, “vai ofrecer certeza ao sector da construción, tamén protagonista do sector de transformación ecolóxica e a sustentabilidade”.
A Ministra destacou que os concellos son os responsables de “facer as nosas cidades máis amables, máis sostibles e máis humanas”, e concluíu dicindo que “os municipios son os chamados a xestionar gran parte dos fondos europeos que canaliza este Ministerio”.
Para facilitar aos Gobernos Locais a presentación de proxectos para o seu financiamento a esta convocatoria -en réxime de concorrencia competitiva - a FEMP e o Ministerio levarán a cabo, o próximo 15 de marzo e por streaming, un acto formativo no que, ademais, está previsto presentar a Guía de apoio.