Escoitar

Vigo prepárase para o verán coa reforma da caseta de asistencia e socorrismo de Rodas

O goberno de Vigo traballa xa na adecuación das praias e instalacións municipais de cara á tempada estival e, segundo informou Abel Caballero, xa acometeu a remodelación da caseta de madeira de salvamento do principal areal das Cíes, moi deteriorada polas inclemencias do tempo nas illas. O investimento superou os 16.000 euros.

venres, 11 mar 2022
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.

En rolda de prensa, o alcalde deu conta da remodelación realizada na caseta municipal de asistencia sanitaria, primeiros auxilios e socorrismo que o Concello ten disposta no areal de Rodas, nas illas Cíes, por importe lixeiramente superior aos 16.000 euros.

A finalidade, explicou Caballero, pasaba por poñela “en condicións”, xa que atopábase “deteriorada” sobre todo polas consecuencias do clima no arquipélago. Nas Cíes, “seguimos actuando para dar o mellor servizo posible”, valorou o alcalde, quen recordou que Rodas é unha das dez praias con bandeira azul da cidade e foi elixida no 2007 polo xornal británico The Guardian como o mellor areal do mundo.

Precisamente as illas Cíes, ás que o Concello promove para a candidatura a Patrimonio mundial da Humanidade, veñen de ser recoñecidas polo rotativo estadounidense The New York Times como un dos mellores destinos medioambientais no mundo a visitar no presente ano 2022.

Descargar todas as imaxes