As Illas Cíes seleccionadas polo New York Times como destino turístico medioambiental para viaxar en 2022
Abel Caballero declarou en rolda de prensa que a publicación ten “unha importancia indescritible” e puxo de manifesto que “é un extraordinario aval para a candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade”.
As Illas Cíes atópanse na listaxe do xornal New York Times que amosa os 52 destinos turísticos medioambientais para viaxar no ano 2022. A publicación soamente escolle dous destinos en España: a Illa do Hierro en Canarias e as Illas Cíes, en Vigo. Xunto a elas outros destinos como Chioggia, en Italia, Queens en New York, o arquipélago de Lucayan en Bahamas, Sudáfrica ou Mónaco, entre outros antos.
O alcalde manifestou en rolda de prensa que isto “ten unha importancia indescritible” formar parte da listaxe “onde os viaxeiros poden ser parte da solución nun mundo cambiado”, como di a propia publicación do New York Times.
Para Caballero isto é “un aval extraordinario” que suma na candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. O alcalde ademais quixo lembrar que o Concello “empezou a falar de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade fai 7 anos, e deste xeito poñer no mundo o arquipélago cun slogan e centrando a atención nas Illas Cíes”
O rexedor asegurou que “Vigo vai ter a candidatura de Cíes porque cumpren todos os requisitos”.