O Concello contabilizou máis de cinco millóns de persoas na “zona cero” durante o Nadal
Abel Caballero trasladou este venres as cifras, computadas a través de teléfonos móbiles que pasaron polo centro de Vigo desde o 20 de novembro, inicio do alumeado, ata o pasado domingo, 9 de xaneiro. “O dato mostra a fortaleza tan importante do Nadal en Vigo”, valorou o alcalde.