“Máis de cen mil persoas” na Cabalgata de Vigo e con “seguridade Covid mil por cen”
Abel Caballero valorou este luns a Cabalgata estática celebrada o pasado mércores pola tarde na Avenida de Castelao, “un éxito colosal” que “moveu máis de cen mil persoas” e “con seguridade Covid mil por cen”.

A climatoloxía non impediu que o pasado mércores, 5 de xaneiro, as súas maxestades Os Reis Magos de oriente visitasen Vigo e encheran a Avenida de Castelao coas súas carrozas e a animación da Cabalgata, celebrada desde mediodía ata ben entrada a noite para esquivar á chuvia matinal.
Ante o impacto do coronavirus, o goberno dirixido por Abel Caballero decantouse por organizar novamente unha Cabalgata en formato estático, como a do ano anterior, e cun protocolo de prevención de contaxios nas tres rúas habilitadas para completar o percorrido. Segundo indicou este luns Abel Caballero, “máis de cen mil persoas” achegáronse ata Coia, un “éxito colosal”.