Escoitar

A Cabalgata comezará ás 14 horas

O alcalde recibirá ás 13:50 horas aos Reis Magos de Oriente. Aquelas persoas con reserva pola mañá poderán acceder coa mesma reserva a calquera hora, desde o comezo ata a finalización da Cabalgata, e se recomenda que, para evitar aglomeracións, acudan antes das 16 horas ou entre as 20 horas e as 21:30h.

martes, 4 xan 2022

A Cabalgata de Reis de Vigo comezará ás 14 horas. Previamente, Abel Caballero recibirá a Melchor, Gaspar e Baltasar e a súa comitiva ás 13:50 horas na Avenida Castelao, á altura da rúa Estrada.

O rexedor avanzou entón que os Reis Magos estarán a recibir aos nenos e nenas ata as 21:30 horas. Deste xeito, todas as persoas co código QR (20.000 entradas esgotadas en dúas horas) poderán pedir os desexos a Melchor Gaspar e Baltasar. “Todo o mundo estará recolocado. Pido paciencia e manter a distancia de seguridade. Á xente das horas que non estea operativa á Cabalgata poderá vir a calquera outra e será recolocada”, explicou Caballero en rolda de prensa.

Na rolda de prensa o alcalde tamén deu coñecer a quen parécense os Reis Magos. Deste xeito, na primeira quenda Melchor é similar a Iván Pérez, do Lavadores Balonmán; Gaspar é como Fran do Alerta Navia Fútbol; Baltasar será coma algún xogador do Rápido de Bouzas e a Carteira Real coma Begoña Aldao, do Sárdoma FC. Na segunda, Melchor parécese a David Parada, o organizador da San Silvestre; Gaspar a Carlos Borrás, do Cristo da Victoria e Baltasar é similar a Ibrahima. A Carteira Real é coma Susana Rodríguez Gacio.

A organización da Cabalgata implica a 330 persoas entre as persoas que fan a animación, os Reis Magos, os seus acompañantes, etcétera. Tamén haberá un dispositivo para garantir que o evento se desenvolva con normalidade co 40 persoas de protección civil e 80 axentes da policía local. Tamén haberá dous ambulancias e un punto de información por se algún neno se perde.

Descargar todas as imaxes