luns, 3 xan 2022
O alcalde achegouse ata o IFEVI para pasar revisión á montaxe das carrozas, “preciosas” e que “teñen que ver con viaxes, con Verne, con literatura e coa fantasía”. A Cabalgata replicará o modelo estático do ano pasado, con dous carrís para acceso con reserva e un terceiro de entrada libre.
luns, 3 xan 2022
O goberno de Vigo aprobou o pasado xoves o proxecto de ordenanza do uso dos vehículos de mobilidade persoal na cidade, que terá que pasar polo Pleno antes da súa entrada en vigor. Polo volume de tráfico, o Concello propón que non se use nos carrís centrais da Avenida de Madrid e nas avenidas de Castelao, Europa, Beiramar, Clara Campoamor, Citroën e Arquitecto Palacios. En zonas como o Casco Vello ou Bouzas, non poderán superar os 10 quilómetros por hora.
luns, 3 xan 2022
Do Club Bádminton Cíes, o deportista foi recibido este luns na Alcaldía por Abel Caballero logo de alzarse con dous títulos do Campionato de España sub19, tanto na modalidade de dobres como en individual.