venres, 18 marzo 2022

Marta Skyba, voz dos ucraínos en Vigo, pregoeira da festa da Reconquista

“Quero que sexa a voz das ucraínas e dos ucraínos na festa”, anunciou o alcalde este venres: “Este ano a Reconquista levará as cores da bandeira de Vigo e tamén as da bandeira de Ucraína”. Ademais, recibirán o galardón de Vigués Distinguido a Asociación Mutualista de Residentes de Vigo en Bos Aires, o arquitecto Alfonso Penela e a astrofísica Begoña Vila.

Caballero reúnese coa Fundación Igual Arte

venres, 18 mar 2022

O alcalde recibiu á presidenta da Fundación Igual Arte, Cristina Lago, na Alcaldía. Caballero visualizou o videoclip de Antonio Orozco, grabado en Vigo, coa propia Fundación. Ademais, expuxeron ao rexedor o seu plan de actuacións de cara a 2023.