Escoitar

Caballero e Darias inauguran a exposición "Galicia en vilo. Miradas desde o confinamento"

A exposición, situada na rúa Príncipe, fronte ao MARCO, recolle as imaxes realizadas por sete fotoperiodistas galegos que retrataron o que estaba a suceder no exterior das nosas casas, exercendo así de notarios da historia para a posteridade.

xoves, 17 mar 2022
O alcalde e a ministra de Sanidade na presentación da exposición da rúa Príncipe
O alcalde e a ministra de Sanidade na presentación da exposición da rúa Príncipe

Hoxe o alcalde e a ministra de Sanidade, Carolina Darias, acompañados polo director xerente de Afundación, Pedro Otero, e Miguel Riopa, fotoperiodista y coordinador de la muestra inauguraron "Galicia en vilo. Miradas desde o confinamento", unha proposta na que a fotografía tomará o protagonismo para mostrar as realidades do confinamento e a presión en primeira liña sanitaria vividas en marzo de 2020, por mor da pandemia no momento en que se cumpren dous anos desta experiencia.

A exposición, situada na rúa (Rúa do Príncipe fronte ao museo MARCO) recolle as imaxes realizadas por sete fotoperiodistas galegos que retrataron o que estaba a suceder no exterior das nosas casas, exercendo así de notarios da historia para a posteridade.

Sete fotoperiodistas galegos, Óscar Corral (fotoperiodista do País Galicia), Mónica Vila (fotógrafa freelance), Agostiño (fotógrafo freelance, actualmente en La Voz de Galicia), Brais Lorenzo (fotoperiodista, habitualmente en EFE noticias e Faro de Vigo), Miguel Muñiz (fotógrafo freelance), Miguel Riopa (fotoperiodista, Agence France - Presse), e Xoán A. Adoitar (La Voz de Galicia), asinan as imaxes que xa se poden contemplar en Vigo, na Rúa Príncipe. Como retratistas da realidade, tomaron o pulso ao que estaba a suceder no exterior das nosas casas, exercendo así de notarios da historia para a posteridade. Baixo a coordinación de Miguel Riopa, o único profesional autorizado a entrar nas UCI dos centros hospitalarios galegos no punto álxido da crise sanitaria. Esta mostra é tamén unha homenaxe a quen, durante o confinamento, estiveron en primeira liña traballando. Unha das imaxes expostas, asinada por Miguel Riopa, e que reflicte a cariñosa atención dunha sanitaria a unha paciente de coidados intensivos nun centro hospitalario vigués foi incluída por France Press entre a selección de mellores fotografías de 2020.

Para a instalación deste proxecto expositivo, Afundación quería incidir na necesidade de innovar no concepto de exposición e animar a unha maior apertura e difusión. Así, traspásanse as catro paredes nas que tradicionalmente se enmarcan as mostras, e camíñase cara ao espazo común, colaborando a que un maior número de persoas participe da proposta.

A partir da mirada profesional e persoal dos profesionais da fotografía, este proxecto aborda ópticas diversas dun episodio extraordinario. Unha composición visual deste fito histórico, recoñecendo as ambivalencias dunha situación de extrema excepcionalidade e gravidade. Moitas das instantáneas reflicten a crise sanitaria e o inmenso sacrificio dos equipos de traballo no sector e doutros relacionados ou que xogaron un papel especial en tempos de coronavirus, e, ao mesmo tempo, outras moitas reflicten intres de intenso agarimo e tempos compartidos.

A entidade internacional Museums Association publicou unha declaración que detalla a maneira en que debe ser abordada a recompilación e divulgación de material documental da COVID-19: «con sensibilidade e respecto». Estes conceptos constitúen o piar ético desta exposición, que nace como unha resposta de Afundación dentro do seu compromiso coa sociedade galega.

Las imágenes están disponibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1fwhdopnHa_W8byJsgoVch6bgr9E-Ygmy?usp=sharing

O alcalde e a ministra de Sanidade na presentación da exposición da rúa Príncipe
Descargar todas as imaxes