xoves, 17 marzo 2022

Vigo súmase á rede para a erradicación do VIH

Coa adhesión ás Fast-Track Cities, o alcalde de Vigo subliñou a importancia de chegar ao 2030 cos obxectivos 95-95-95: 95% de persoas con VIH diagnosticadas; 95% en tratamento; 95% indetectables. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, fixou no ano 2030 a data para erradicar esta doenza como problema de saúde pública. No acto estiveron presentes as asociacións, entidades sociais e colectivos comprometidos co fin da enfermidade e o estigma.

Isabel Pardo de Vera recibirá a Medalla de Ouro da Cidade

xoves, 17 mar 2022

O alcalde anunciou que a distinción recae na secretaria de Estado, Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana como “grande impulsora do transporte ferroviario desde Vigo”. Amais, deu a coñecer novos galardóns Vigueses Distinguidos: un ex aequo in memoriam e outro ex aequo para os centros de formación profesional de máis de cincuenta anos.

Concello e Deputación ultiman a súa achega de 600.000 euros a O Marisquiño

xoves, 17 mar 2022

O goberno de Vigo aprobou o texto do convenio a asinar co ente provincial, que achegará 180.000 euros ao festival urbano, mentres que o Concello reserva outros 420.000 euros. Por outra banda, a Xunta de Goberno Local validou este xoves o proxecto para cubrir o patio do Villa Laura, cun orzamento de 414.000 euros.