Abel Caballero recibe ao nadador Juan Ferrón
O alcalde recibiu ao nadador vigués Juan Ferrón. Ten 18 anos e é o único galego na selección española de natación adaptada en visual. Ferrón clasificouse para o Mundial do Funchal que se celebrará en xuño deste ano. Caballero animouno "a ser o mellor e seguir traballando co seu éxito".


