O Concello iluminará as fontes de Aragón con motivo do Día Internacional do Síndrome de Angelman
Caballero anunciou en rolda de prensa que responden así de xeito positivo á solicitude asociación “A ilusión de Elisabeth”.

O Concello iluminará o 15 de febreiro as fontes da Avenida Aragón de cor azul con motivo do Día Internacional do Síndrome de Angelman.
O alcalde di responde así á petición de Soraya Fernández, presidenta da asociación sen ánimo de lucro “A ilusión de Elisabeth”, que tamén é nai dunha nena que padece esta enfermidade.
O Síndrome de Angelman é un trastorno xenético que causa atraso no desenvolvemento, problema de fala e equilibrio, discapacidade intelectual e moitas veces, convulsións.