Escoitar

O Vigo acollerá do 10 ao 12 de marzo o XII Congreso da Sociedade Española de Odontoloxía Infantil Integrada

Participarán máis de 200 congresistas e unha ducia de relatoras “do máis alto nivel nacional e internacional”

luns, 14 feb 2022
O alcalde xunto a Rosa María Iturbe, presidenta do comité organizador do Congreso
O alcalde xunto a Rosa María Iturbe, presidenta do comité organizador do Congreso

A Sociedade Española de Odontoloxía Infantil Integrada celebrará do 10 ao 12 de marzo en Vigo o seu décimo segundo congreso. Esta mañá Caballero presentou o evento xunto á presidenta do comité organizador, Rosa María Iturbe.

O alcalde agradeceu á organización que elixise Vigo para esta edición do congreso, que se celebra por primeira vez en Galicia e faio baixo o lema "O paciente de 0 a 6 anos. Unha visión multidisciplinar".

Iturbe asegurou que “non tivemos ningunha dúbida de que queriamos que fose Vigo a cidade anfitrioa porque desexamos que a coñezan e gocen de ela”. Tras dous aprazamentos por mor da pandemia, o congreso celébrase de maneira presencial na sede de Afundación: “Para nós era moi necesario volver interactuar, retomar as relacións persoais e profesionais que son tan enriquecedoras, e apetecíanos facelo na nosa cidade, que está tan de moda”, salientou.

Máis de 200 congresistas de toda España e tamén de países como Francia, Venezuela e O Salvador acudirán á cita que conta, segundo destacou Iturbe, “con doce relatores do máis alto nivel no panorama nacional e internacional” que analizarán os últimos avances en odontopediatría.

Descargar todas as imaxes