Abel Caballero recibe ao novo presidente da AECC en Vigo
O rexedor mantivo unha xuntanza co novo Presidente da Asociación Española contra o Cancro en Vigo, Martín Lázaro, Oncólogo no Hospital Álvaro Cunqueiro, que presentou a Caballero os obxectivos da asociación para 2022

A Asociación Española Contra o Cancro en Vigo, presentou onte ao seu novo Presidente, o Doutor Martín Lázaro, Oncólogo do Hospital Álvaro Cunqueiro. Durante a reunión, o Dr. Lázaro, presentou ao alcalde os obxectivos da Asociación en Vigo para este ano 2022 e resaltou a importancia da investigación, como unha das ferramentas máis importante fronte ao cancro.
Martín é un doutor moi coñecido en Vigo, membro da xunta directiva do Grupo Español de Oncoloxía Genitourinaria e do Grupo Español de Tumores Orfos e vicepresidente da Sociedade Galega de Oncoloxía. Conta con máis de 60 publicacións en revistas, 3 libros editados, máis de 100 comunicacións en congresos, máis de 100 charlas sobre oncoloxía, máis de 40 ensaios clínicos investigados, etc.
Ao encontro sistiron a presidenta provincial da Asociación Española contra o Cancro en Pontevedra, Carmen Abeledo e o Doutor, Oncólogo e agora presidente da Asociación Española contra o Cancro en Vigo, Martín Lázaro, que se reuniron co Alcalde da cidade, Abel Caballero.
Martín Lázaro contará co apoio de Mar Hermida, enfermeira, e Secundino Lusquiños, traballador dunha empresa informática, así como do resto de voluntarios/ as e do equipo de profesionais da Asociación.