Escoitar

O Museo Municipal Quiñones de León cede o cadro “A morte de Lucrecia” para unha mostra en Madrid

A obra da colección de D. Policarpo Sanz estará no palacete da Fundación Mapfre na exposición “El gusto francés” ata o 8 de maio.

luns, 14 feb 2022

“A morte de Lucrecia” formará parte da mostra “El gusto francés” no palacete sede da Fundación Mapfre ata o 8 de maio. A obra que custodia o Museo Municipal Quiñones de León foi seleccionada pola comisaria, Amaya Alzaga, para formar parte da exposición xunto a outras obras de Patrimonio Nacional, o Museo do Prado ou a Casa de Alba, entre outros provedores europeos, principalmente franceses.

O alcalde salientou que é un “cadro excepcional que está na máis importante exposición pictórica e escultórica do arte galo en España desde o século XVII ata o XIX”. Abel Caballero tamén manifestou a súa satisfacción porque “cadros importantes de Vigo están en las más importantes exposicións de Europa e os mellores museos de Europa”.

A exposición permitiu revelar que a obra en préstamo, e a súa parella no museo municipal “A morte de Cleopatra”, non pertencen ao pintor Jean-François de Troy, como ata de agora se cría. O catedrático Frédéric Jiméno, autor dun ensaio sobre o século XVIII, que se incorpora no catálogo da mostra, revelou que a pintura é obra do artista Pierre de Subleyras, un dos grandes pintores franceses da súa época. A nova autoría, que o museo procedeu a incorporar ó seu catálogo, ratificouna Nicolas Lesur, especialista en Subleyras do Musée du Louvre.

O cadro, que xa estivo en Madrid como imaxe da mostra “A xustiza na arte”, organizada pola Fundación Carlos de Amberes, en 2007, é un óleo sobre lenzo, datado entre 1629 e 1649. Procede da colección persoal de D. Policarpo Sanz - Dª Irene de Ceballos, legada á cidade de Vigo no século XIX, xunto con máis de cen obras, e con entrada no museo Quiñones de León en 1935.

Con motivo da exposición editarase un catálogo de carácter científico que reproducirá a totalidade das obras expostas e incluirá ensaios da comisaria, así como outros textos de recoñecidos especialistas. Así, o catálogo será unha obra de referencia para lectores e investigadores deste fenómeno.

Descargar todas as imaxes