Escoitar

O goberno municipal pide á Xunta o traspaso da Avenida de Castrelos para asumir a súa humanización

O Concello vén de recibir do goberno autonómico a proposta de humanización do subsolo desta vía de titularidade autonómica, da que a Xunta asumiría soamente a superficie.

martes, 15 feb 2022

Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, a proposta de humanización da Xunta para a parte final da Avenida de Castrelos inclúe soamente a superficie, non o subsolo “polo que non se pode facer, porque despois habería que tiralo todo. Non se pode facer a superficie sen facer o que está debaixo”. Apunta que se trata dunha “humanización moi pobre”, xa que ao seu criterio non aplican os criterios empregados na parte anterior.

Dada esta situación, Abel Caballero solicita á Xunta que “nos envíe os recursos que van utilizar e facémola nós pero, como sei que van dicir que non, pedimos que nos traspasen a estrada, tal e como está, que a humanizamos nós cos estándares Vigo”. De feito, explicou que “xa lle enviamos unha carta para dicirlle que o imos facer nós todo, se queren pagar a superficie que o fagan senón facémolo nós todo, subsolo e superficie. Non imos deixar que a Xunta de Galicia se ría dos habitantes da Avenida de Castrelos”.

Con todo, o alcalde sinalou que a anterior humanización da vía foi financiada ao completo pola Xunta de Galicia que presidía Emilio Pérez Touriño mentres “agora Feijoo quere facer solo a superficie”.

Descargar todas as imaxes