Escoitar

Caballero relata que o informe arqueolóxico das obras de Elduayen descarta restos da capela de A Misericordia

Os restos aparecidos na rúa Elduayen pertencen a casas datadas entre o século XVIII e XIX, sen outros materiais anteriores. Do pasadizo non hai novidades máis alá do que xa figuraba no proxecto da obra.

martes, 15 feb 2022

O alcalde deu coñecer en rolda de prensa o informe valorativo arqueolóxico das obras da Porta do Sol e Elduayen. Nese documento a empresa arqueolóxica descarta que os restos da rúa sexan da capela da Misericordia e que corresponde a casas datadas entre os séculos XVIII e XIX. Segundo relata, é “unha mazá de casa das casas expropiadas que Soler representa no plano realizado para a construción da rúa Elduayen e firmado con data do 15 de agosto de 1879”. Algunha das valoración arqueolóxicas e patrimoniais, “os resto aparecidos en Elduayen, se ben teñen valor histórico para momentos recentes da cidade, presentan un estado de conservación moi deficiente, pois só atopamos as cimentacións das casas expropiadas a finais do século XIX, sen niveis de solo asociados. Cremos que os máis probables lousados que conformaban o chan das vivendas foron retirados no momento que desmantelaron as casas para a urbanización da nova Travesía de Vigo, hoxe en día Rúa Elduayen”.

En canto as escavacións en Policarpo Sanz, o infome di “que é posible que a estrutura pode estar vinculada cunha casa antiga derrubada durante o proceso de urbanización do entorno da Porta do Sol, a finais do século XIX. En efecto, pódese apreciar como esta aliñación aparece afectada polas expropiacións marcadas no plano de Soler de 1879 [...]. Poden identificarse cos muros de contención proxectados no seu momento por Justino Flórez para a urbanización do camiño da Circunvalación (agora Policarpo Sanz) e rúa Príncipe”, e segue “en canto o pasadizo, sabemos que foi construído na segunda metade do século XIX e que, de facto, aparece remarcado na planimetría histórica de Ramiro Pascual de 1907”. O documento subliña que que o pasadizo xa figura no proxecto inicial da obra coa súa afección, que supón a desmontaxe parcial para construír a rampla de acceso e saída do túnel na conexión coa rúa Policarpo Sanz.

Caballero explicou que os pases a seguir agora son remitir o informe de valoración á arqueóloga municipal e posteriormente á Xunta de Galicia, “que é quen tomará unha decisión definitiva”.

Descargar todas as imaxes