Ultímanse os preparativos para exhibir a colección permanente de Laxeiro que foi restaurada
O vindeiro mércores preséntase na Casa das Artes (Policarpo Sanz, 15, 3º) a colección permanente da Fundación Laxeiro despois de pasar por un proceso de restauración integral que durou case tres anos e que rematou cun novo plantexamento expositivo.
Cun orzamento inicial de 15.025,30 euros achegados pola entidade patrocinadora Caixanova, esta tarefa realizouse baixo a dirección de Ana Villarquide, profesora da Escola de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Galicia, coa colaboración da restauradora Mª Luisa Maceira Galarza.
Estructurouse en tres fases:
- Primeira fase. Ano 2001: Restauración de 18 pezas. Nesta primeira fase, acometéronse as obras de restauración dos cadros máis delicados da Colección: pezas da primeira época, a maioría óleos sobre lenzo que presnetaban problemas de destensamento, algúns casos de desgarramentos das telas e perda de adherencia da pintura sobre os soportes. Asemade, os debuxos dos anos trinta, presentaban algún problema de humidade e parásitos. Procedeuse tamén, nos casos que o precisaban, ó cambio de bastidores, debido ó mal estado da madeira dos mesmos, nalgún caso con setenta anos de antigüidade.
- Segunda fase. Ano 2002: Restauración de 16 pezas. Este foi o ano das pinturas sobre papel e óleos sobre tela dos anos sesenta e setenta. Debido ás datas nesta fase, a maioría dos problemas que presentaban as pezas eran de índole menor: destensados, arrugas, soportes en mal estado e cambio de marcos, agás un grupo de pezas de pequeño tamaño, óleos sobre tela, que presentaban falta de adherencia dos pigmentos ó soporte, problema acentuado pola técnia empregada por Laxeiro, grandes cantidades de pigmento en superficies reducidas que agrandaba a fraxilidade dos cadros.
- Terceira fase. Ano 2003: Restauración do resto da colección, facendo intervencións que, en principio non estaban contempladas, como cambio de bastidores, e soportes dalgunhas pezas, así como revisións dos cadros xa restaurados que estiveron itinerando no ano 2001, en Cuba, no ano 2002 por 14 concellos de Galicia e no ano 2003 en Canarias e Lisboa. Mención especial merece nesta fase, o magnífico traballo feito no cadro "A Vida", de 1968 que, debido ás súas grandes dimensións (149 x 368 cm.) optouse por entelar o sorporte (papel) e anclalo sobre un bastidor.
Con todos estes cambios, houbo un incremento sobre o orzamento inicial de 3.386 euros, o que supón un orzamento total de 18.400 euros.
Con esta actuación, gracias ó magnífico labor desenvolvido polo equipo de restauración, a colección permanente queda en perfectas condicións. Trátase dunha actualización que dada a antigüidade dalgunhas pezas, era imprescindible para a súa boa conservación.