A torre do Concello disporá dunha escaleira exterior de evacuación
A Comisión de Goberno aprobou o proxecto de instalación dunha escaleira exterior de evacuación no edificio do Concello. A creación deste sistema de seguridade, que se sacará a concurso público, está presupostada en 119.999 euros.
Os técnicos desbotaron a instalación na torre do edificio dunha escaleira extensible e optaron por unha fixa debido á altura do inmoble. A escaleira estará situada nunha das esquinas porque así se facilita a ancoraxe da mesma aos forxados do edificio e porque esa ubicación é a que provoca menor impacto na distribución de salas e despachos. A escaleira, de estructura metálica, embocará na terraza do segundo andar.