7.000 persoas visitaron a exposición "Laxeiro, un vanguardista de vocación atlántica" que se clausura nas Palmas
O domingo 18 de maio clausúrase a exposición "Laxeiro, un vanguardista de vocación atlántica" que puido verse no Centro Atlántico de Arte Moderno (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria, desde o pasado 7 de marzo.
Formada por obras da Colección Permanente da Fundación Laxeiro e da Colección Caixanova, entidade que, xunto á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, patrocinaron a exposición, esta mostra enmárcase dentro da política de difusión da obra de Laxeiro fora de Galicia, que a Fundación que leva o seu nome está a levar a cabo e que continúa coa mostra que estes días pódese ver en Lisboa, no Instituto Cervantes.
A exposición clausúrase cunha asistencia de público de unhas 7.000 persoas, cifra que constitúe todo un éxito para a media de visitas das exposicións do CAAM e, por tanto, para as previsións que a propia Fundación Laxeiro tiña con esta exposición.
Quizáis a vertente atlántica do pintor galego foi unha das claves do éxito da mostra, xa que, nese sentido, pódese falar dunha conexión entre dúas sensibilidades aparentemente tan distantes como a galega e a canaria, cun denominador común, o Océano Atlántico, que suxire estéticas propias en oposición á cultura mediterránea.
Con esta mostra iníciase unha relación entre a Fundación Laxeiro e o CAAM, un dos centros de arte contemporánea máis dinámicos do Estado que, nun futuro, posibilitará acometer outros proxectos conxuntos, establecendo canles de comunicación que contribúan a dinamizar políticas de intercambio.