O Verbum acolle unha homenaxe a Mario Bunge nas Xornadas de Filosofía de Vigo
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou as XIII Xornadas de Filosofía de Vigo en homenaxe a Mario Bunge, posuidor do Premio Príncipe de Asturias, que se desenvolverán do 20 ao 23 de maio no Verbum-Casa das Palabras con entrada libre previa inscrición.
Carlos Príncipe afirmou que estas son as mellores xornadas de Filosofía que se celebran este ano en Galicia e supón un honor que Mario Bunge veña a Vigo. O concelleiro manifestou o seu agradecemento a Aletheia e o esforzo de Caixa Galicia por apostar porque o Verbum se convirta nunha gran referencia no eido da comunicación.
Muleiro destacou que Bunge é o máis prestixioso dos filósofos actuais, para o que se contará nestas xornadas coa presencia de conferenciantes de México, Arxentina, Alemania que son pensadores do seu coñecemento.
García Bonome afirmou que neste congreso se vai falar "de palabras científicas, do que se agocha tras das teorías científicas que moven o mundo nun entorno sinalado como a Casa das Palabras". É un congreso aberto que cada xornada acotará un ámbito da filosofía científica.
Mario Bunge
Doutor en Ciencias fisicomatemáticas. Catedrático de Física teórica e de Filosofía. Doutor honoris causa por dez universidades. Autor de 35 libros e de máis de 450 artigos sobre temas de física teórica, matemáticas aplicadas, teoría de sistemas, socioloxía matemática, epistemoloxía, ontoloxía, axioloxía, ética, política científica...
Javier Aracil, Alfons Barceló, Martín Mahner, Ignacio Morgado, Jesús Mosterín, Miguel Ángel Quintanilla e Héctor Vucetich son os expertos na filosofía de Mario Bunge que estarán en Vigo como participantes nestas xornadas.
A matrícula é gratuíta, con prazas limitadas previa inscrición
Descargar todas as imaxes