Unha visita amosa a recuperación do Lagares, a través da súa fauna
O itinerario da visita do programa "Entre árbores, paso a paso" do día 17 de maio, percorrerá o leito do Lagares, avistando exemplares da fauna que retornou ao río, tralo seu saneamento. O concelleiro de Infraestructuras e Medio Ambiente, Amador Fernández, presentou a iniciativa, que dá conta da recuperación da calidade das augas.
A saída guiada, de carácter gratuíto, iniciarase ás 10:00 horas dende a praza de España para camiñar ao longo de 12 quilómetros ata a súa embocadura a dexergar as distintas especies de aves e de peixes que regresaron vivir ás beiras do Lagares, logo das actuacións cara á supresión de vertidos contaminantes.
Amador Fernández explicou o proceso de recuperación no que "se conseguiron eliminar todos os vertidos das denominadas augas negras". A intervención partiu dun estudio previo que mediante GPS localizou tubos, que continuaban contaminando o Lagares, algúns deles insospeitadas, "como o que funcionaba unhas dúas veces á semana, baixo a avenida de Castrelos", indicou o concelleiro.
Recobrar a calidade de auga obrigou a enlazar as canles contaminantes ao colector e a crear pequenas represas de osixenación do río. Persoal de limpeza e controis automáticos garanten a súa conservación.
O responsable de "Entre árbores paso a paso", Alberto Gil, afirmou que o regreso de determinadas especies "é un indicador da saúde do río, da súa recuperación". Así, entre as aves que escolleron o Lagares voluntariamente para establecerse e aniñar sobresaen o pato real, cunhas 50 parellas; as galiñas de río, 20 parellas; ou o rascón.
Verbo dos peixes, Gil subliñou a presencia da reñosa, rutilus arcasii, unha especie protexida, xunto a troitas e anguías. Sen embargo, a recuperación da fauna do Lagares abrangue tamén aos exemplares que se desprazan aos seus humidais do lago Mol e Agoberna.
Descargar todas as imaxes