Cultura organiza unha exposición sobre "Os mundos de Carlos Casares"

Unha exposición sobre Carlos Casares ábrese na Casa Galega da Cultura coa que se quere lembrar a figura do escritor no seu cabodano. A mostra organizada pola Concellería de Cultura a Fundación Carlos Casares é un vagar pola vida de Casares que inclúe un apartado bibliográfico con panes e obxectos persoais. A exposición poderase visitar ata o 30 de marzo.
O catálogo da mostra, escrito por Xoán Carlos Domínguez Alberte e Damián Villalaín, subliña que "esta modesta exposición non pretende converter a Casares nun honorable e distante monumento, senón reflectir, aínda que sexa en moi apurada síntese, a súa condición máis viva e cercana: aquí aparece o home que construía maquetas e coleccionaba tebeos de Suchai e principiños; o viaxeiro que amaba os trens e que entolecía polos cachivaches electrónicos ou por unha Leica vella; tamén están por algunha parte o escritor e o home de letras, xunto co pai e o campesiño preocupado pola mazaira do xardín, polo gato Samuel e polos cans. E, por suposto, o coleccionista de amigos, como lle chamou hai pouco Juan Cruz, aludindo a unha condición persoal e a unha maneira de estar no mundo que define moi ben a súa fasquía humana, o seu talante aberto e xeneroso".
Este é o Carlos Casares que quere lembrar esta pequena mostra de cabodano, o Carlos Casares que amou as cousas, os libros, a xente e a vida.