Escoitar

O Concello establece un plan de tráfico derivado das obras de saneamento e do parking de Urzaiz

Establécense percorridos alternativos ao paso por Cervantes e de baixada a Urzaiz

luns, 10 mar 2003
1047299927cervantes13.jpg
Escenario a partir do 13 de marzo
O xoves 13 de marzo é a data fixada para o comezo das obras de instalación do novo colector de saneamento da rúa Cervantes. Ese día pecharase á circulación esa rúa e porase en marcha o plan de tráfico deseñado polo Concello. Isto coincide coa segunda fase das obras do parking de Urzaiz, no tramo República Arxentina e Lepanto, que principiará o 17 de marzo.

Ao tempo que se corta ao tráfico Cervantes, entre Uruguay e Urzaiz, reabrirase a rúa Uruguay. Os vehículos que, procedentes da autoestrada, ascenden por Cervantes terán que utilizar Uruguay ata a rúa Colón. Para facilitar a circulación, Uruguay terá sentido único e suprimirase o aparcamento nunha das marxes. Recoméndase utilizar as saídas anteriores da autoestrada, a de Bos Aires para os que se dirixan á parte alta da cidade e a de Isaac Peral para ir á zona baixa, co fin de restrinxir o tráfico de saída por Alfonso XIII.

Asemade, funcionará un grupo semafórico no cruce entre Uruguay e República Arxentina para regular o fluxo de vehículos. O acceso á rúa Churruca deberase facer por Gravina. Os vehículos poderán continuar por Irmandiños e Martín Codax. A rúa Rogelio Abalde pasará a ter dobre dirección, pero só se permitirá o acceso aos residentes.

O 17 de marzo estableceranse dous carrís de subida por Urzaiz e un único de baixada para os autobuses, taxis e vehículos de reparto con gálibo superior a 2,5 metros. Os demais vehículos deberán circular por Lepanto.

Un operativo policial permanecerá nos puntos claves para dirixir o tráfico.
1047299927cervantes13.jpg
1047299978cervantes17.jpg
Descargar todas as imaxes