VeneziaVigo e Visións exhibiranse en febreiro na Casa das Artes
A exposición “Nace unha cidade universitaria”, baseada nos proxectos urbanísticos e arquitectónicos de Miralles en Venecia e Vigo, presentarase en febreiro na Casa das Artes. A mostra está integrada polos proxectos ”VeneziaVigo” do estudio de arquitectura Enric Miralles-Benedetta Tagliabue e ”Visións” dos fotógrafos Vaqueiro, Sendón e Suárez Canal.
A primeira parte da mostra recolle a montaxe “VeneziaVigo”, presentada no verán pasado no Palazzo Fortuny da cidade italiana con maquetas, planos e outros referentes de proxectos de Enric Miralles, singularmente os da Cidade Universitaria de Vigo e do Istituto Universitario di Architettura de Venezia. A segunda parte da exposición, denomindada “Visións”, contén imaxes tomadas polos fotógrafos Víctor Vaqueiro, Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal no seguimento das obras realizadas no campus das Lagoas-Marcosende.
Os deseños expostos conteñen semellanzas dos proxectos de cidades universitarias en Vigo e Venezia en canto á concepción e ás estructuras mediante a integración de lagoas e dunha montaña na descrición da paisaxe urbana como elementos proxectados a partir da orografía. No caso de Vigo, a Cidade Universitaria esténdese da montaña cara ó mar con creación de lagoas artificiais e comparte a inspiración do proxecto veneciano á inversa, cunha escalinata e unha rampa que simulan o ascenso á montaña a partir do mar.
Proxecto da Cidade Universitaria de Vigo deseñado por Miralles
Este proxecto consiste nunha nova definición da entrada ao Campus da Universidade de Vigo, a transformación da zona deportiva, a urbanización dos accesos á nova zona comercial e a construcción dun aparcamento subterráneo que permita reducir a presencia de vehículos no acceso principal.
-Acceso ao Campus: ”pequenas lagoas e reforestación intensiva”
A grande extensión horizontal ocupada polas instalacións deportivas é o lugar da entrada ao Campus. Unha serie de pequenas lagoas e unha reforestación intensiva dos bordes permite darlle carácter de bosque a este lugar. Esta zona transfórmase nun espacio onde a actividade deportiva é parte do lecer.
-Concepto de paisaxe: ”correr a través das árbores”
Nesta redefinición da paisaxe na entrada achéganse criterios de sostebilidade e idoneidade respecto ás árbores e arbustos. Buscando a compatibilidade das variedades coas extensións de auga. Esta paisaxe esténdese desde a rotonda de entrada, onde se sitúa a estación de autobuses, ata a Facultade de Económicas, a entrada da zona comercial e a base do recinto arqueolóxico.
Miralles (1955-2000) Barcelona, Catalunya
Enric Miralles está considerado o arquitecto español da súa xeración de maior proxección internacional. Estudiou na Escola Tècnica Superior d´Arquitectura de Barcelona (Etsab) e na Universidade de Columbia, centros aos que volvería poucos anos despois en calidade de docente.
Miralles empezou a súa traxectoria profesional co equipo de Albert Viaplana e Helio Piñón (1973- 1983). Tras este periodo de formación, Miralles montou estudio propio coa súa primeira muller, Carme Pinós, coa que asinou obras de proxección internacional, como a Escola Fogar en Morella (1994) e o cemiterio de Igualada (1995) -ambas finalistas do premio Mies van der Rohe- ou o polideportivo de Huesca (1993).
O seu segundo matrimonio coa arquitecta Benedetta Tagliabue coincidiu cunha grande internacionalización dos seus encargos, algúns deles de grande envergadura. Pódese destacar a remodelación do Concello de Utrecht, un auditorio universitario en Francfort, a ampliación do Museo Cárcova de Bos Aires ou un peirao en Salónica.
O proxecto que máis o absorbía nos últimos anos era o do Parlamento de Escocia, trala devolución da autonomía á rexión. Esta obra exemplifica a arquitectura de Miralles, caracterizada polo equilibrio entre unha estética fragmentada e convulsa e o respecto pola tradición do lugar, como demostra a súa inspiración nas formas das barcas das Highlands.
Miralles foi profeta na súa terra e tiña varias obras en distintas fases en Catalunya, entre as que destaca a reconstrucción do mercado de Santa Caterina, en Barcelona, ademais dun parque e un centro cívico en Mollet e unha biblioteca en Palafolls. Entre as súas obras pódense destacar as instalacións de tiro con arco dos Xogos Olímpicos de 1992, o Centro Cultural do Círculo de Lectores en Madrid, o Centro Nacional de Adestramento Ximnástico de Alacante ou a cobertura con marquesiñas metálicas da avenida Icària. Tamén conta cunha estación de tren e un pavillón de meditación no Xapón.
Entre outras distincións, Miralles mereceu o León de Ouro da Bienal de Venecia (1996) pola súa obra do polideportivo de Huesca que lle causou moitos problemas, ao derrubarse o teito por causas que os tribunais dirimiron que non lle eran atribuíbles. Tamén foi premio Cidade de Barcelona (1992), Cidade de Madrid (1993) e Nacional de Arquitectura (1995). As obras foron obxecto de publicación de libros monográficos e de exposicións.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes