Emprego organiza un foro para estudiar accións destinadas a futuros profesionais no comercio
O Servicio de Asesoramento a Emprendedores, promovido pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego e Caixanova, reunirase o martes 14 de xaneiro con comerciantes da cidade para estudiar, a través dun foro de debate, as accións necesarias para a dinamización e profesionalización da actividade comercial. A cita será ás 12:00 no Centro Municipal de Formación en Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación situado no Barrio Histórico.
Este debate será moderado por Rafael Núñez Gallego, licenciado en Dereito, ex-director xerente do Centro Comercial Camelias e actual xerente da Cidade Universitaria. Desenvolvemento Local organiza este acto co fin de coñecer, de forma directa, as inquedanzas do sector comercial vigués.
Nas consultas do Servicio de Asesoramento a Emprendedores, determinadas previa cita, trátase de lles facilitar aos emprendedores a información e o asesoramento precisos, seguindo unha metodoloxía propia que se pode concretar en tres fases:
· Análise da idea inicial e información.
· Apoio na elaboración do proxecto empresarial.
· Axuda na tramitación e constitución da empresa.
Este Servicio da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego xestiona anualmente o programa de axudas á creación de empresas do Plan Municipal de Emprego, en estreita colaboración coa Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e da Xunta de Galicia.
O Servicio de Asesoramento a Emprendedores é un servicio individualizado, público e gratuíto de información e asesoramento para todas aquelas persoas que decidan pór en marcha iniciativas empresariais ou queiran estudiar as posibilidades que ofrece o autoemprego.
Descargar todas as imaxes