Escoitar

Convocatoria para a informatización de asociacións cívicas

luns, 13 xan 2003
A Concellería de Participación Cidadá acaba de facer unha nova convocatoria para a informatización de asociacións cívicas de Vigo. Aquelas asociacións que o desexen poden solicitar a súa incorporación a este programa do que xa se beneficiaron unha morea de organizacións sociais da nosa cidade.

O Concello informatizará as asociacións seleccionadas instalándolles ordenadores, impresoras, sistemas operativos e proporcionándolles un acceso a internet con tecnoloxía ADSL. As asociacións, pola súa banda, deberán comprometerse a establecer un horario de atención ao público.

Con este programa, o Concello quere colaborar no desenvolvemento do tecido asociativo de Vigo e ao mesmo tempo contribuir a que as asociacións que traballan na cidade dispoñan duns medios axeitados para ofrecerlle mellores servicios aos cidadáns.