A administración local é pioneira no desenvolvemento de ferramentas de software libre

O concelleiro de Fomento, David Regades, constatou hoxe luns o uso de ferramentas de software libre no Concello de Vigo, nunha senda na que Vigo é pioneira co obxectivo de seguir a mellorar a productividade, o rendemento e o aforro económico. Así o explicou durante unha rolda de prensa de presentación dunha conferencia que ofrecerá no Centro Cultural Novacaixagalicia o doutor, Richard Stallman, fundador do software libre.

luns, 9 dec 2013
1386598560software.JPG
Vigo é pioneiro no desenvolvemento de ferrramentas de ferramentas tic de software libre o que supón unha "optimización económica, productiva e de rendemento". Así o detallou David Regades durante a presentación da conferencia que esta tarde, a partir das 19,00 horas, ofrecerá no Centro Cultural Novacaixagalicia o doutor, Richard Stallman, fundador do movemento polo software libre. Outra das ventaxes deste desenvolvemento é, segundo o edil, a xeración de sinerxias positivas polo uso de ferramentas doutras administracións e impulsar este desenvolvemnto no ámbito tic do tecido local. O edil de Fomento, que tamén estaba acompañado do vicereitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández, enmarcou esta iniciativa dentro da boa cooperación que existe entre Concello e Universidade.

Pola súa banda, o doutor Stallman alertou sobre a existencia de "portas traseiras" nos programas e dispositivos con software privativo para controlar e "espiar" aos usuarios. Animou, asimesmo, ás administracións públicas e, sobre todo, aos servizos educativos a "migrar completamente" ao software libre.
Descargar todas as imaxes