Programación do Museo Liste para o verán
O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da concellería de Cultura e Festas, presenta a súa programación para os meses do verán, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e actividades especiais.
Dentro das exposicións temporais, está "De rezos a conxuros", con máis de cen pezas procedentes da colección privada de Carlos Solla Varela, do Museo Massó de Bueu, do propio Museo Liste e de diversos colaboradores; "Un baleiro útil", con pezas de madeira escavada procedente de diversos países; "Vedacións", mostra fotográfica que ilustra sobre diversas formas de delimitar as propiedades privadas; "Retretes", baseada nas variadas solucións hixiénicas de antano; e "Con outro enfoque", unha nova exposición de fotografías realizadas por José Luís Gómez Márquez.
A programación para este período inclúe unha serie de actividades especiais como son a celebración de Xincanas, de actividades didácticas de carácter musical no proxecto "Entreculturas", e obradoiro de instrumentos humildes.
No tocante ao CAT, ofertará a exposición permanente de cestería, percorridos urbanos polo barrio histórico da cidade e os encontros "Faladoiros artesáns", que nacen coa intencionalidade de protexer e divulgar os oficios artesanais. Ademais, realizaranse dous cursos: un de iniciación á ilustración, de oito horas de duración, e outro de "flipbook", de nove horas; en ambos os casos, precísase inscrición previa a través do teléfono 986 244 698. Por último, faise a terceira convocatoria para a selección de traballos artesáns para "O escaparate".
Descargar todas as imaxes