O rexedor confía en manter en 2013 os 146.000 euros orzamentados para o Museo Liste
Tras unha visita ás instalacións deste museo etnográfico por mor da súa reapertura, Abel Caballero recordou que os orzamentos deste ano adican 146.000 ao Museo, cifra que confía en manter nas contas de 2013. A xestión do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) pasa a ser asumida pola Fundación Liste.
O alcalde eloxiou o programa de "protección, divulgación e recuperación da etnografía de Galicia, con especial atención á artesanía tradicional" que se realiza tanto no Museo Liste como polo Centro de Artesanía Tradicional. O Liste reabre as súas portas despois dun "erro" no orzamento que "tivo que acotar o seu tempo provisionalmente".
Descargar todas as imaxes